Conferencia didáctica "Audicións de música celta. A etiqueta das músicas atlánticas" - Día das Letras Galegas 2019, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
71 lecturas

O luns 20 de maio ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid co gallo das celebracións do Día das Letras Galegas 2019, coa colaboración da Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas Lume de Biqueira, Fernando Molpeceres, mestre gaiteiro da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e profesor de gaita na Banda de Gaitas Lume de Biqueira, ofrecerá a conferencia didáctica Audicións de música celta. A etiqueta das músicas atlánticas.

  • A charla incluirá unha serie de audicións relevantes de grupos senlleiros da chamada música celta, coma se dun programa de radio tratásese, explicando a importancia do grupo no mundo da música folk. Previamente farase unha análise sobre este tipo de música e a súa relación co celtismo militante.
Conferencia didáctica "Audicións de música celta. A etiqueta das músicas atlánticas" - Día das Letras Galegas 2019, en Madrid
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
20.05.2019
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España