Conferencia "Castelao et / en France - Castelao e / en Francia", Día das Letras Galegas 2019, en París
O venres 17 de maio ás 19:00 h, na sede da entidade académica na capital francesa, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2019 o Instituto Cervantes de París organiza a conferencia Castelao et / en France - Castelao e / en Francia, que pronunciará Xosé Carlos Valle, historiador da arte e membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña,1886 – Bos Aires,1950) estivo en Francia en, polo menos, 7 ocasións, desiguais nos seus fundamentos, a súa duración e as súas consecuencias. Nesta conferencia analizaranse en particular as viaxes que realizou o político e intelectual rianxeiro, con apoio da Junta para Ampliación de Estudios (JAE), directamente ou a través da Comisión de Estudios en Galicia, nos anos 1921 (estancia, entre xaneiro -26- e xuño -21-,en París) e 1929 (estancia, entre maio e agosto, en Bretaña).
Máis info: paris.cervantes.es | Facebook | Twitter

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Instituto Cervantes de París
Data:
17.05.2019
Hora:
19:00
Lugar:
Instituto Cervantes de París - Auditorium / Salón de Actos
7 rue Quentin Bauchart
París - 75008Paris (75) Francia
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





