Concurso literario de relato curto "Manuel Rivas" 2022 da Irmandade Galega de Rubí
A Irmandade Galega de Rubí convoca o seu VIº Certame literario de relato curto "Manuel Rivas".
BASES
- Poderán participar todas as persoas que o desexen en lingua española, catalá e galega. As categorías son:
• Categoría A: Infantil, de 6 a 12 anos.
• Categoría B: Xuvenil, de 12 a 18 anos.
• Categoría C: Adultos, a partir de 18 anos. - A extensión dos traballos será dun mínimo dun folio e un máximo de tres, mecanografiados e escritos por unha soa cara en Times New Roman 12, a dobre espazo.
- O tema do relato será libre, inédito baixo ningún formato, non premiado en ningún concurso nin certame anterior nin acharse pendente de resolución doutros concursos; poderase presentar un único traballo por autor/a por mail ao enderezo concursoirmandaderubi@gmail.com.
- Para cada categoría establécense os seguintes premios:
• Categoría A - Premio Lote de libros valorado en 50 €.
• Categoría B - Premio Lote de libros valorado en 50 € + 25 € en metálico.
• Categoría C - Premio Lote de libros valorado en 50 € + 600 € en metálico. O/a gañador/a desta categoría, será xurado o seguinte ano do certame. Así mesmo, dentro desta categoría, establécese un premio especial de 300€ ao mellor relato en lingua galega. Este pode coincidir co/a gañador/a da categoría C.
Cantidades ás que se aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas vixente no momento do fallo do concurso. - Os traballos deberán ser orixinais, deberase acompañar unha plica nun documento aparte en cuxo interior deberán figurar os datos persoais do/a autor/a; nome, idade, domicilio, teléfono, dirección de correo electrónico, categoría na que participa e título do relato; no nome deste documento deberá figurar o título do relato e categoría na que participa.
- Prazo de presentación: desde o día 24 de febreiro de 2022 ata o día 23 de abril de 2022.
- Entrega de premios: o domingo, día 22 de maio de 2022, na Rambla do Ferrocarril de Rubí en acto público con presenza dos/as membros do xurado e autoridades locais. Os/as escritores/as que obteñan premios están obrigados/as a asistir ao acto de entrega ou delegar en alguén que lle represente, do contrario entenderase que renuncian ao mesmo. No caso de non poder realizarse a entrega de premios, por causas de forza maior, organizarase un acto virtual cos/as finalistas e as autoridades locais para dar a coñecer o fallo do xurado.
- Os traballos premiados quedarán en poder da organización, que se reserva o dereito da súa publicación se así o estima oportuno. A partir dos dous anos, o relato quedará a disposición do/a autor/a.
- O fallo do xurado que se constitúa ao efecto, será inapelable, mesmo poderá declararse deserto calquera categoría ou a totalidade das mesmas.
- O/a autor/a, polo mero feito de participar no certame, acepta cada unha das bases anteriores, así como o fallo do xurado. Para todos aqueles extremos non previstos nestas bases, aplicarase o criterio inapelable do xurado. A participación neste Certame Literario supón a aceptación das presentes bases. O incumprimento dunha ou varias delas descualificará automaticamente o traballo presentado.

Evento:
Certame literario
Organiza:
Irmandade Galega de Rubí
Data:
23.04.2022
Hora:
24:00
Lugar:
Irmandade Galega de Rubí
Monturiol, 18 - Bajo
Rubí - 08191Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





