Concurso literario "Contos no Mediterráneo" 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
828 lecturas

O Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona organiza a VIII edición do concurso literario Contos no Mediterráneo, dirixido a aquelas persoas que estudaron ou están a estudar galego ou portugués nos territorios de fala catalá.

Bases:

  • Artigo 1
    O concurso comprende dúas categorías:
    A. Menores de 18 anos
    B. Maiores de 18 anos
  • Artigo 2
    Cómpre escribir un relato en galego ou portugués a partir dun tema de libre elección.
    -Categoría A: os textos terán unha extensión por volta das 500 palabras. Ademais de relatos, tamén se pode participar con outro tipo de textos como poemas, banda deseñada, debuxos, etc.
    -Categoría B: a extensión dos textos será, como máximo, de 2.500 palabras.

Débese presentar unha copia do texto a duplo espazo en formato pdf ou jpg en caso de imaxes. O texto debe ser anónimo e inédito (permítense textos publicados en blogue sempre que non se comprometa o anonimato). O exemplar será enviado por correo electrónico. Alén diso xuntarase o boletín de participación cuberto.

  • Artigo 3
    Os orixinais enviaranse ao seguinte enderezo: grup.estudis.gallecs@uab.cat
  • Artigo 4
    A data límite de presentación dos orixinais é o 5 de maio de 2014. A entrega oficial do premio será o venres 30 de maio ás 19.00 h.  na Biblioteca Sagrada Familia de Barcelona (R/ Provença, 480).
  • Artigo 5
    Os textos serán sometidos a un xurado composto por tres  persoas membro nomeadas pola entidade organizadora do concurso.
  • Artigo 6
    Os textos non lles serán devoltos aos autores / autoras
  • Artigo 7
    PREMIOS DA CATEGORIA A
    1º Lote de libros
    2º e 3º Lote de libros

PREMIOS DA CATEGORIA B
1º Aloxamento de 2 dúas noites (fin de semana) no Hotel Pazo Carballo en Sampaio (Ribadavia) d'As Casiñas do Ribeiro. A estada non poderá levarse a cabo nos meses de tempada alta.
2º Viaxe a Lisboa para unha persoa
3º Lote de libros
Todos/as os/as finalistas recibirán un diploma de participación.
O xurado pode declarar deserto calquera dos premios.

  • Artigo 8
    A entidade organizadora resérvase o dereito de editar os textos nos medios que considar oportunos.
  • Artigo 9
    As decisións do xurado non poderán ser recorridas. O simple feito de participar presupón a total aceptación deste regulamento

Máis info e inscrición: http://estudisgallecs.uab.cat

Concurso literario "Contos no Mediterráneo" 2014
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona
Data: 
05.05.2014
Lugar:
Estudis Gallecs UAB - Departament de Filologia Francesa i Romànica
Edifici B. Facultat de Filosofia i Lletres - Universitat Autònoma de Barcelona
Bellaterra (Cerdanyola del Vallès) - 08193Barcelona
España