Concurso literario "Contos no Mediterráneo" 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
1470 lecturas

O Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona organiza a VII edición do concurso literario Contos no Mediterráneo, dirixido a aquelas persoas que estudaron ou están a estudar galego ou portugués nos territorios de fala catalá.

Bases:

Artigo 1
O concurso comprende dúas categorías:
A. Menores de 18 anos
B. Maiores de 18 anos

Artigo 2
Cómpre escribir un relato en galego ou portugués a partir dun tema de libre elección. Na categoría A, alén de relatos, tamén se pode participar con outro tipo de textos como poemas ou banda deseñada e a extensión será superior a 400 palabras nos textos narrativos. A extensión na categoría B será de 1.000 a 2.500 palabras. Débense presentar sete copias do traballo mecanografadas a duplo espazo. O texto debe ser anónimo e inédito (permítense textos publicados en blogue sempre que non se comprometa o anonimato). Os sete exemplares serán enviados nun sobre de formato grande e na capa o autor ou autora indicará o seu pseudónimo, o título da obra e a categoría. No interior incluirase un sobre pequeno pechado que conteña a fotocopia do documento de identidade, os datos persoais que se indican no boletín de participación e mais un CD co texto gardado en formato rtf e as imaxes en formato jpg. O pseudónimo, o título da obra e a categoría en que se participa tamén deben aparecer escrito fóra deste sobre pequeno.

Artigo 3
Os orixinais enviaranse ao seguinte enderezo:

Contos no Mediterráneo
Departament de Filologia Francesa i Romànica
Edifici B. Facultat de Filosofia i Lletres
Universitat Autònoma de Barcelona
08193 Bellaterra, Barcelona

Artigo 4
A data límite de presentación dos orixinais é o 6 de maio de 2013. A entrega oficial do premio será o venres 24 de maio no Centro Galego de Barcelona (Rambla dels Caputxins, 35-37).

Artigo 5
Os textos serán sometidos a un xurado composto por cinco membros nomeados pola entidade organizadora do concurso.

Artigo 6
Os textos non lles serán devoltos aos autores ou autoras.

Artigo 7
PREMIOS DA CATEGORIA A
1º Obsequio de Sargadelos e lote de libros
2º e 3º Lote de libros

PREMIOS DA CATEGORIA B
1º 400 €
2º Viaxe a Lisboa para unha persoa
3º 100 € e obsequio de Sargadelos

Todos e todas as finalistas recibirán un premio e un diploma. No acto de entrega serán convidados/as a un aperitivo coas persoas membros do xurado.
O xurado pode declarar deserto calquera dos premios.

Artigo 8
A entidade organizadora resérvase o dereito de editar os textos nos medios que considar oportunos.

Artigo 9
As decisións do xurado non poderán ser recorridas. O simple feito de participar presupón a total aceptación deste regulamento.

Máis info e bases completas: http://estudisgallecs.uab.cat/contos/int-gl/index-gl.html

Concurso literario "Contos no Mediterráneo" 2013
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona
Data: 
06.05.2013
Hora: 
24,00
Lugar:
Contos no Mediterráneo - Departament de Filologia Francesa i Romànica
Edifici B. Facultat de Filosofia i Lletres - Universitat Autònoma de Barcelona
Bellaterra - 08193 Barcelona
España