Concerto XV Aniversario das agrupacións folklóricas do Centro Galicia en Ponferrada
O sábado 23 de febreiro a partir das 19,00 h., na Casa de la Cultura de Ponferrada, o Centro Galicia en Ponferrada organiza un Concerto conmemorando o XV aniversario das agrupacións folklóricas da entidade galega da capital do Bierzo. Actuarán a Banda de Gaitas, o Grupo de Pandereteiras, o Grupo de Baile Tradicional Galego e o Cuarteto Tradicional do Centro Galicia en Ponferrada. A entrada é de balde.

Organiza:
Centro Galicia en Ponferrada
Data:
23.02.2013
Hora:
19,00
Lugar:
Casa de la Cultura - Biblioteca Municipal de Ponferrada
Gran Vía Reino de León, 22
Ponferrada - 24400León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





