Concerto de Xisco Feijoo no Centro Galego de Lisboa
O Centro Galego de Lisboa, Xuventude de Galicia, organiza o sábado 28 de marzo, na súa sede, un concerto co músico e bailador galego, Xisco Feijoo.
Baixo o título Traede Ferrallada, organizarase un gran evento de música e baile tradicional galego. Ademais, tamén haberá obradoiros, para completar un gran programa:
- 16:30 - 18:00: Obradoiro de pandeireta.
- 18:30 - 20:00: Obradoiro de baile para foliada.
- 21:00: Concerto.
- Remate: Foliada.
Inscricións (10€ cada obradoiro - 15€ ambos): Web.

Evento:
Concerto
Organiza:
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Data:
28.03.2026
Hora:
16:30
Lugar:
Centro Galego de Lisboa
Rúa Júlio de Andrade, 3
Lisboa - 1150-206 Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






