Concerto de Su Garrido Pombo, en Dublín
O martes 4 de xullo ás 19:00 h., na sede do Instituto Cervantes de Dublín, a cantante, músico e compositora galega Su Garrido Pombo ofrecerá un concerto, cun percorrido musical por estilos como o jazz, Latin, bossa ou folk.
- Para esta ocasión Su (voz, guitarra e pedais) preparou un repertorio de temas propios, cancións tradicionais e versións, sempre coa súa característica fusión de estilos
- Precisa reserva: bookings.dublin@cervantes.es |Pago de entradas na porta: 5 €
- Su Garrido Pombo estudou Guitarra, Historia e Musicoloxía e Historia da arte nas Universidade de Salamanca, Granada e Florencia. A súa música levouna a diferentes países de Europa e América, primeiro como membro do grupo folk Lembranzas Galegas e máis tarde como vocalista do grupo Sonhos, co que grava o seu primeiro disco Sonhos. As súas composicións obtiveron premios como o 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Viveparacumplirlo e o 3º posto no concurso GZcrea. No ano 2013 trasládase a Dublín e comeza a súa carreira en solitario dando concertos en distintos lugares de Irlanda. No ano 2015 obtivo o premio á mellor banda galega como integrante de Treme. Actualmente continua a súa carreira como solista ofrecendo xiras en Galicia e Irlanda á vez que forma parte de distintos proxectos musicais
Máis info: dublin.cervantes.es

Evento:
Concerto
Organiza:
Instituto Cervantes Dublín
Data:
04.07.2017
Hora:
19:00
Lugar:
Instituto Cervantes Dublín - Café Literario
Lincoln House, 6-16 Lincoln Place
Dublín 2 - D02 VH29Dublin Irlanda
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





