Clausura do obradoiro de encaixe de palillos 2019 da Nosa Galiza de Xenebra
O venres 18 de outubro a partir das 19:00 h, no Restaurante Brasserie Arcoop de Carouge (cantón de Xenebra), a Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra celebra a clausura do seu obradoiro de encaixe de palillos, impartido por Ana Rosa Lista Sebe.
- Haberá unha exposición dos traballos realizados e unha charla impartida por Ana Rosa Lista Sebe, profesora diplomada pola Escola Holandesa de Encaixe, sobre a orixe do encaixe popular galego, con entrada libre.
- Despois haberá unha cea (é preciso resevar nos tlfs. 0775006203 ou 0223424243, ata o xoves 17 de outubro).
Máis info: Facebook

Evento:
Curso
Organiza:
Sociedade "A Nosa Galiza"
Data:
18.10.2019
Hora:
19:00
Lugar:
Restaurant Brasserie Arcoop
Rue des Noirettes 32
Carouge - 1227Geneva Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





