"Cine, poesía e chocolate" - Homenaxe a Xosé María Díaz Castro, en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
664 lecturas

O sábado 17 de maio a partir das 16,00 h.,  no microcine da sede do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, co gallo do Día das Letras Galegas 2014 celebrarase unha homenaxe a Xosé María Díaz Castro baixo o lema Cine, poesía e chocolate que, conxuntamente, organizan a Asociación Herbas de Prata, O Terzo da Fala e a Comisión de Cultura do Centro Lalín. A entrada é de balde.

Programa:

  • Proxección dunha curtametraxe con imaxes sobre a vida e a obra do poeta guitiricense
  • Lectura dunha escolma poética de Xosé María Díaz Castro
  • Rematarase o acto cun chocolate con churros para as e os asistentes

 

"Cine, poesía e chocolate" - Homenaxe a Xosé María Díaz Castro, en Bos Aires
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Herbas de Prata, O Terzo da Fala & Centro Lalín, Agolada e Silleda
Data: 
17.05.2014
Hora: 
16,00
Lugar:
Centro Lalín, Agolada e Silleda
Moreno, 1949
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1094
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: