Cidadáns/ás da UE & Brexit: sesión informativa en Glasgow
O martes 5 de febreiro ás 18:00 h, no Recital Room of Glasgow - City Halls and Old Fruitmarket de Glasgow, os consulados da Unión Europea en Edimburgo e a Representación da Comisión Europea no Reino Unido organizan a sesión informativa EU citizens & Brexit: info session with immigration lawyer, sobre os dereitos dos/as cidadáns/ás da UE e o Brexit.
- Proporcionarase información legal actualizada sobre os dereitos dos/as cidadáns/as que forman parte do borrador do Acordo de retirada e responderase ás preguntas máis habituais dos/as cidadáns/ás da UE.
- O evento consistirá nunha breve presentación seguida dunha sesión interactiva de preguntas e respostas a cargo dunha avogada de inmigración independente.
Programa:
- 18:00 h - Chegada
- 18:15 h - Palabras de apertura (cónsul xeral de Romanía)
- 18:30 h - Presentación de Jennifer Ang, avogada en JustRight Scotland.
- 19:00 h - Preguntas e respostas coa avogada.
- 20:00 h - Fin do evento.
Inscricións: www.eventbrite.co.uk
Máis info: www.eventbrite.co.uk | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Representation of the European Commission in the UK
EU consulates in Edinburgh
Data:
05.02.2019
Hora:
18:00
Lugar:
Recital Room of Glasgow - City Halls and Old Fruitmarket
87-101 Albion Street
Glasgow - G1 1NQReino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





