Ciclo "Galicia é cine", en Londres
Galicia é cine é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e que ten como obxectivo difundir o audiovisual galego entre as colectividades galegas no exterior e nos países onde se ubican, amosando a tradición e a vangarda do noso cine.
Trátase dun ciclo de cinema con longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se exhibirán en diferentes países de Latinoamérica e Europa, unha actividade dirixida ás colectividades galegas e tamén ao público en xeral, para promocionar internacionalmente as producións audiovisuais da nosa terra.
Entidades organizadoras no Reino Unido: Centro Galego de Londres & Área de galego do IE Vicente Cañada Blanch
Reserva de entradas: area.galego@ievcblanch.com ou centrogalegolondres@gmail.com
PROGRAMACIÓN:
Filme: A Esmorga
- Data e hora: Sábado, 14 de outubro, 18:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: Ons
- Data e hora: Sábado, 11 de novembro, 18:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: O que arde
- Data e hora: Sábado, 25 de novembro, 18:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: Matria
- Data e hora: Sábado, 2 de decembro, 18:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: Cuñados
- Data e hora: Sábado, 9 de decembro, 18:00 h
- Cartel: Descargar
Dossier: Descargar
Cartel informativo: Descargar
Máis info: Facebook | Instagram | Twitter
Vídeo promocional
