Ciclo "Galicia é cine", en Córdoba
Galicia é cine é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e que ten como obxectivo difundir o audiovisual galego entre as colectividades galegas no exterior e nos países onde se ubican, amosando a tradición e a vangarda do noso cine.
Trátase dun ciclo de cinema con longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se exhibirán en diferentes países de Latinoamérica e Europa, unha actividade dirixida ás colectividades galegas e tamén ao público en xeral, para promocionar internacionalmente as producións audiovisuais da nosa terra.
Entidades organizadoras en Córdoba (Arxentina): Casa de Galicia de Córdoba & Centro Cultural España Córdoba
Reserva de entradas: casadegaliciadecordoba@gmail.com (entrada libre ata completar aforo)
PROGRAMACIÓN:
Filme: Matria
- Data e hora: Mércores, 29 de novembro, 19:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: A Esmorga
- Data e hora: Xoves, 30 de novembro, 18:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: Cuñados
- Data e hora: Xoves, 30 de novembro, 20:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: Ons
- Data e hora: Venres, 1 de decembro, 18:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: O que arde
- Data e hora: Venres, 1 de decembro, 20:00 h
- Cartel: Descargar
Dossier: Descargar
Cartel informativo: Descargar
Máis info: Facebook | Instagram
Vídeo promocional
