Ciclo "Galicia é cine", en Caracas
Galicia é cine é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e que ten como obxectivo difundir o audiovisual galego entre as colectividades galegas no exterior e nos países onde se ubican, amosando a tradición e a vangarda do noso cine.
Trátase dun ciclo de cinema con longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se exhibirán en diferentes países de Latinoamérica e Europa, unha actividade dirixida ás colectividades galegas e tamén ao público en xeral, para promocionar internacionalmente as producións audiovisuais da nosa terra.
Entidade organizadora en Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela
Reserva de entradas: asavioteatrohg@gmail.com (entrada libre ata completar aforo)
PROGRAMACIÓN:
Filme: Matria
- Data e hora: Sábado, 21 de outubro, 17:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: A Esmorga
- Data e hora: Domingo, 22 de outubro, 17:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: Ons
- Data e hora: Domingo, 29 de outubro, 17:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: Cuñados
- Data e hora: Domingo, 5 de novembro, 17:00 h
- Cartel: Descargar
Filme: O que arde
- Data e hora: Domingo, 10 de decembro, 17:00 h
- Cartel: Descargar
Dossier: Descargar
Cartel informativo: Descargar
Máis info: Facebook | Twitter | Instagram
Vídeo promocional
