Ciclo de conferencias dezanas en Bos Aires 2014: "Arraiolos"
O sábado 28 de xuño a partir das 17,00 h., na sede da entidade galega na cidade porteña e no marco do Ciclo de conferencias dezanas que organiza o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, a profesora Griselda Gragnolati falará sobre Os Arraiolos: historia e actualidade duhna técnica textil portuguesa (manufactura e talleres).
- A entrada para socios/as e amigos/as será libre e só se lles solicita a contribución voluntaria dos seguintes alimentos non perecedoiros: yerba ou azucre, galletiñas brandas do tipo vainillas, madalenas ou bizcochuelo que Proyectos Solidarios destinará aos/ás internos/as dos hospitais Moyano e Borda da cidade. Outra forma de contribuír e para continuar co Proyecto mantas solidarias que impulsa a mesma ONG, é coa achega de cadrados tecidos (aproximadamente 20 x 20 c/un) ou no seu defecto nobelos ou madeixas de la.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Centro Lalín, A Golada y Silleda de Galicia en Buenos Aires, Social, Cultural y Recreativo
Data:
28.06.2014
Hora:
17,00
Lugar:
Centro Lalín, Agolada e Silleda
Moreno, 1949
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1094Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





