Ciclo de cine galego en Berlín

Listen to this page using ReadSpeaker
805 lecturas

Do xoves 17 ao luns 21 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin, en colaboración co Instituto Cervantes de Berlín, organiza un ciclo de cine galego no cine Babylon Mitte.

O ciclo abrirase o día 17, Día das Letras Galegas -este ano adicadas a Valentín Paz Andrade- coa proxección do documental Linguas cruzadas e, ao rematar, celebrarase un debate aberto a todas e todos os asistentes no que tamén participará a escritora galega María Xosé Queizán. Nesta primeira xornada a entrada é de balde; para o resto das xornadas o prezo é de 7 € (4 € para o estudantado do Instituto Cervantes e 5 € para o estudantado do Lectorado de galego).

Programa:

  • Xoves, 17 de maio
               -20,30 h. Linguas cruzadas
  • Venres, 18 de maio     
               -19,00 h. De profundis
               -20,30 h. Crebinsky
  • Sábado, 19 de maio
               -19,00 h. Doentes
               -20,30 h. 18 comidas
  • Domingo, 20 de maio
               -19,00 h. Crebinsky          
               -20,30 h. De profundis    
  • Luns, 21 de maio  
               -20,30 h. Linguas cruzadas
     
Ciclo de cine galego en Berlín
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin & Instituto Cervantes de Berlín
Data: 
17.05.2012 a 21.05.2012
Hora: 
20,30
Lugar:
Babylon Mitte
Rosa-Luxemburg-Str. 30
Berlín - 10178
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026