Ciclo de cine documental galego (2ª parte), en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
309 lecturas

O Centro Galicia de Bos Aires e a Cátedra Galicia-América (Programa Lectura Mundi, Universidad Nacional de San Martín) da capital arxentina organizan, coa coordinación do documentalista Jorge Gil Morabes, a 2ª edición do Ciclo de cine documental galego, con entrada libre e de balde, e no que se proxectarán os seguintes filmes:

Venres, 7 de setembro, 19:30 h - Mujer(es)mujer

  • Dirección: Inés Pintor
  • Comentan: Micaela Fernández Darriba,  licenciada en Ciencias da Comunicación e experta en cuestións de xénero, e  Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo)

Venres, 21 de setembro, 19:30 h - Ferrol 1936

  • Dirección: Jorge Gil Morabes
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e Ruy Farías

Venres, 2 de novembro, 19:30 h - Piedad

  • Dirección: Otto Roca
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e María Bertoni

Venres, 9 de novembro, 19:30 h - As silenciadas

  • Dirección: Pablo Ces
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e Anahí Almasia

Máis info e inscricións: lecturamundi@unsam.edu.ar

Ciclo de cine documental galego (2ª parte), en Bos Aires
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Cátedra Galicia-América (Programa Lectura Mundi, Universidad Nacional de San Martín)
Data: 
07.09.2018
21.09.2018
02.11.2018
09.11.2018
Hora: 
19:30
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Salón de Música (2º andar)
Bartolomé Mitre, 2552
C1039AAPCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina