Ciclo de charlas informativas da Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en Alemania, no Instituto Cervantes de Berlín

Listen to this page using ReadSpeaker
371 lecturas

A Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en Alemania organiza, na sede do Instituto Cervantes en Berlín, un ciclo mensual de charlas informativas sobre temas como a busca de emprego, seguridade social etc. que serán impartidas por asesores/as da Consejería.

Programa:

  • Mércores, 9 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 h. - Dereito laboral: O contrato de traballo en Alemaña.
  • Mércores, 13 de febreiro, de 10:00 a 12:00 h. - Prestacións familiares en Alemaña: Coordinación con outros sistemas de prestacións familiares da UE. 
  • Mércores, 6 de marzo, de 17:00 a 19:00 h.  - Procura de emprego en Alemaña: Institucións, instrumentos.
  • Mércores, 3 de abril, de 10:00 a 12:00 h. - Seguridade Social: Asistencia sanitaria en Alemaña e España.
  • Mércores, 8 de maio, de 18:00 a 20:00 h.  - Prestacións por desemprego contributivas (ALG I) en Alemaña.
  • Mércores, 5 de xuño, de 18:00 a 20:00 h. - O sistema alemán de pensións. Coordinación entre o sistema alemán e o sistema español.

Asistencia: libre e de balde

Máis info: www.mitramiss.gob.es

Ciclo de charlas informativas da Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en Alemania, no Instituto Cervantes de Berlín
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en Alemania - Embajada de España en Berlín
Data: 
09.01.2019
13.02.2019
06.03.2019
03.04.2019
08.05.2019
05.06.2019
Lugar:
Instituto Cervantes de Berlín
Rosenstraße 18 - 19
Berlín - 10178Berlin
Alemaña