Charla-recital «Ósmosis», por Chus Pato, en Bruxelas

Listen to this page using ReadSpeaker
716 lecturas

O luns 16 de outubro ás 19:00 h, no Instituto Cervantes de Bruxelas, a poetisa ourensá Chus Pato ofrecerá a charla-recital Ósmosis, na que lerá poemas vinculados con estas seis fronteiras da creación literaria:

  • o paraíso
  • a significación
  • a voz / o que é mudo
  • @s que teñen nome / @s que carecen del
  • a melodía / o concepto
  • a pel

Reservas: www.eventbrite.es

Bío:

  • Chus Pato (Ourense, 1955), membro de número da Real Academia Galega, é unha das voces máis representativas da poesía galega contemporánea. Autora de dez poemarios, publicados entre 1991 e 2013, entre os que destacan a pentaloxía Decrúa (antes método), composta por m-Talá (2000), Charenton (2004), Hordas de escritura (2008), Secesión (2009) e Carne de Leviatán (2013).

  • Os seus libros foron publicados en varios países e conta cunha importante proxección no ámbito anglosaxón. En neerlandés pódese ler a antoloxía Finis Terra  (Uitgeverij Perdu, Amnsterdan, 2017). É unha das poetas seleccionadas por Daniella Seel para a publicación I Sit Like a Garbage God, Het feminisme in 14 gedichten, editada por BOZAR. 

  • Recentemente a voz de Chus Pato foi incorporada ás gravacións da  Woodberry Poetry Room de Harvard, onde se recollen as palabras de figuras das letras universais.

Máis info: bruselas.cervantes.es, facebook e Twitter

Martes, 17 de outubro, 20:00 h

  • Chus Pato formará parte dun elenco de poetas europeos/as que participarán en Transpoesie, organizado por EUNIC Bruxelas, en BOZAR
Charla-recital «Ósmosis», por Chus Pato, en Bruselas
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Instituto Cervantes Bruselas
Data: 
16.10.2017
Hora: 
19:00
Lugar:
Instituto Cervantes Bruselas
Avenue Louise 140
Bruxelles - 1050Brussels
Bélxica
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: