Charla informativa 'Tus derechos como inquilino', en Berlín
O mércores 12 de decembro de 18:00 a 20:00 h, na súa sede na capital xermana, La Red e.V. Berlín organiza unha charla na que se repasará a lei e as cláusulas máis habituais dos contratos de aluguer, dunha forma sinxela e amena, para coñecer os nosos dereitos e obrigacións e poder defenderse ante situacións abusivas e discriminatorias.
- O seminario impartirase en español, utilizando unha linguaxe sinxela apta para todos/as aqueles/as que non están afeitos/as a tratar textos legais e deixando espazo para que os/as asistentes poidan expor as súas propias dúbidas.
Algúns dos puntos que se tratarán:
- Pago e devolución da fianza
- Subida e baixada da renda
- Reparacións
- Subarrendamento (Untermiete)
- Resolución do contrato (Kündigung)
Inscrición: aberta a toda persoa sen importar nacionalidade nin idade. Podedes facelo escribindo un correo-e cos vosos datos a la-red@la-red.eu

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
La Red. e. V.
Data:
12.12.2018
Hora:
18:00
Lugar:
La Red - Berlín
Alt-Moabit 73
Berlín - 10555Berlin Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





