Charla informativa "Mundo bancario suízo", en Xenebra

Listen to this page using ReadSpeaker
791 lecturas

O sábado 24 de febreiro ás 13:30 h, na sede da Association découvrir de Xenebra, a Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES) organiza a charla Mundo bancario suízo, na que de xeito sinxelo e práctico abordaranse temas como o segredo bancario, os acordos internacionais e os cambios que sufriu nos últimos anos un dos segredos máis importantes da economía do país helvético.

Relatora: Mónica Rozo, socia de AMES, mestrado en Finanzas con máis de 10 anos de experiencia en auditoría interna e xestión de activos financeiros

Inscricións: adjuntaginebra@mujeres.ch

  • É de balde para as socias de AMES, e para quen asista por vez primeira a un acto da asociación, pero ten un prezo de 40 CHF se xa se acudiu a outro acto do AMES con anterioridade

Invitada: Rocío Restrepo, fundadora da Association découvrir,  que informará dos obxectivos,  fins etc. da asociación

Máis info: www.mujeres.ch | Facebook

Charla informativa "Mundo bancario suízo", en Xenebra
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES)
Data: 
24.02.2018
Hora: 
13:30
Lugar:
Association découvrir
2, boulevard Carl-Vogt (2ème étage) - Bus 11, 4, D, 19, 2 / Tram 14
Genève - 1205Geneva
Suíza