Charla informativa "Marca personal y búsqueda de empleo", en Xenebra

Listen to this page using ReadSpeaker
456 lecturas

O sábado 17 de novembro de 13:30 a 15:00 h, na sede da Association découvrir de Xenebra, a Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES) organiza a charla Marca personal y búsqueda de empleo.

Temas a tratar:

  • Como usar Internet e as súas ferramentas para maximizar as nosas oportunidades na procura de emprego?
  • Como mellorar a nosa imaxe e presenza  online?
  • Nesta charla aprenderase como mostrar a nosa mellor versión  online. Verase como é un bo perfil de  LinkedIn e explorarase como usar esta rede social para planificar a nosa procura de emprego. Falarase das distintas maneiras de construír a nosa rede e como usar os grupos de  LinkedIn e os perfís das empresas. Ademais, botarase unha ollada á páxina de emprego de LinkedIn.
  • Tamén se explicarán as maneiras máis accesibles de buscar traballo: recrutamento  online, axencias de emprego, listaxe de empresas  online, etc.
  • Ademais, verase como crear un blogue e unha canle de  YouTube para mellorar a nosa imaxe e presenza de marca  online.
  • Finalmente, farase unha simulación de cálculo de salario a través da web da Oficina de Estatística da Confederación Suíza para ter unha idea aproximada do salario medio ao que podemos aspirar.

Relatoras: 

Inscricións: 

  • Enviar un correo-e a adjuntaginebra@mujeres.ch
  • É de balde para as socias de AMES e para quen asista por vez primeira a un acto da asociación, pero ten un prezo de 40 CHF se xa se acudiu a outro acto do AMES con anterioridade

Máis info: www.mujeres.ch | Facebook

Charla informativa "Marca personal y búsqueda de empleo", en Xenebra
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES)
Data: 
17.11.2018
Hora: 
13:30
Lugar:
Association découvrir
Boulevard Carl-Vogt 2 - 2e étage (Bus 11, 4, 19, 2 / Tram 14)
Genève - 1205Geneva
Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: