Chamada para publicacións dun número especial dedicado á lingua e literatura galegas na revista 'Estudos Linguísticos e Literários' da Universidade Federal da Bahia

Listen to this page using ReadSpeaker
807 lecturas

En conmemoración ao Xacobeo 2021 e ao xubileu de prata da fundación do CELGA/UFBA (1995-2020), a coordinación e o lectorado do Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas organizan un número especial orientado á lingua e literatura galegas da Revista Estudos Linguísticos e Literários da Universidade Federal da Bahia, para o que solicitan artigos inéditos baixo calquera perspectiva teórica e nivel de análise, mentres estean subordinados á temática dos estudos de lingua e literatura galegas.

Recepción de traballos: do 1 de decembro de 2020 ao 31 de marzo de 2021, polo correo-e artigos.celga@gmail.com

Máis info: Descargar |Anuncio RevistaFacebook | Instagram

Chamada para publicacións dun número especial dedicado á lingua e literatura galegas na revista 'Estudos Linguísticos e Literários' da Universidade Federal da Bahia
Evento: 
Outros
Organiza: 
Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas da Universidade Federal da Bahia
Data: 
31.03.2021
Lugar:
Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas da Universidade Federal da Bahia
R. Barâo de Jeremoabo, 147 Universidade Federal da Bahia - Campus de Ondina
Salvador de Baía - 40170-115Bahia
Brasil