Celebración da concesión da medalla do Parlamento de Galicia 2019 á emigración galega, en Zürich

Listen to this page using ReadSpeaker
86 lecturas

O domingo 16 de xuño das 17:00 ás 19:00 h, na sede da entidade galega na cidade suíza, a Asociación Cultural 'As Xeitosiñas' de Zürich organiza un acto de celebración da concesión da medalla do Parlamento de Galicia 2019 á emigración galega no seu conxunto, distinción que lle foi entregada, en representación da diáspora galega, o pasado 6 de abril ás 14 entidades membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, da que forma parte a Asociación Cultural 'As Xeitosiñas'.

  • Contarase coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira

Máis info: asc-asxeitosinas.ch | Facebook

Celebración da concesión da medalla do Parlamento de Galicia 2019 á emigración galega, en Zürich
Evento: 
Outros
Organiza: 
Asociación Cultural ASC "As Xeitosiñas" Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zürich
Data: 
16.06.2019
Hora: 
17:00
Lugar:
Centro Cultural 'As Xeitosiñas' de Zürich
Zürcherstrasse 14
Schlieren - 8952Zurich
Suíza