Cea de Nadal das Familias no Centro Galego de Lisboa
O Centro Galego de Lisboa celebra o sábado 21 de decembro, a partir das 17:00 horas, a súa Cea de Nadal das Familias. Unha gran xornada que inclúe:
- Un concerto de Nadal da Escola de Gaitas de Foles, da Escola de Canto Tradicional e da Escola de Canto e Piano do Centro.
- Unha celebración relixiosa.
- A presentación do cine documental "Anduriña: muller de ida e volta".
- Visita á exposición de fotografía de Elías Valiña (inaugúrase ese día ás 12:00 horas).
- E a agardada cea de Nadal, acompañada de música, poemas e contos.
Prezo do menú: 30€.
Reservas: (+351) 21 885 36 80 / 91 439 34 77 / geral@xuventudegalicia.pt
Máis info: Facebook.

Evento:
Xantar/Cea social/oficial
Organiza:
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Data:
21.12.2024
Hora:
17:00
Lugar:
Centro Galego de Lisboa
Rúa Júlio de Andrade, 3
Lisboa - 1150-206 Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






