Campus de baloncesto 2016 do Centro Galicia de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
784 lecturas

O sábado 20 e o domingo 21 de febreiro, na súa sede do Campo Galicia (Olivos) a Comisión de Deportes do Centro Galicia de Bos Aires organiza o seu IIIº Campus de Baloncesto.

Características

  • O campus está destinado a rapaces e rapazas de 7 a 18 anos de idade e cun máximo de participantes de 150
  • Está orientado a ampliar coñecementos e mellorar o desenvolvemento técnico e táctico a través de actividades prácticas e teóricas durante 2 días, ditado por técnicos de primeiro nivel, coa participación de xogadores de gran traxectoria que compartirán a súa experiencia
  • Ademais de realizar os traballos en cancha, participasen de charlas a importancia da preparación física no deporte, prevención de lesións e concientización dos bos hábitos deportivos
  • Dado que o Campus será aberto, haberá a oportunidade de coñecer o traballo e as instalacións do club, permitindo a posibilidade de sumar algúns/as xogadores/as
  • Compartir a cancha, a pelota, o adestramento, charlas informativas e moita diversión no Campus Galicia Basquet 2016, xa que xunto coa técnica, a amizade, o respecto e compañeirismo son os eixes fundamentais para o desenvolvemento dun/ha bo/a deportista

Datas de realización

  • O Campus ditarase os días sábado 20 de febreiro e domingo 21 de febreiro en dúas quendas, pola mañá de 9,30 a 12,00 h. e pola tarde de 15,00 a 19,00 h.

Programa

  • Traballarase con fundamentos, tales como tiro, pases, dribling, técnica individual, xogo interior, rebote, 1 vs. 1, 2 vs. 2, 3 vs. 3, 4 vs. 4, 5 vs. 5
  • Realizaranse exercicios e corrección destes, mostrarase o ritmo dun adestramento de selección e a velocidade de execución que se require
  • Coordinación, movementos de pés, principios de xogo colectivo, educación do movemento, situacións de pick and roll
  • Competicións de 3 vs. 3, 5 vs. 5, torneo de triplos
  • Charlas de prevención e coidado de lesións
  • Charlas con convidados especiais de elite

Custo

  • O custo do Campus para os/as que non son socios/as é de $ 600 por xogador/a e de $ 450 para o caso dos/as socios/as do Centro Galicia de Bos Aires, e inclúe unha camisolade regalo e a foto final

Pagamentos

  • Só se farán en xanela da administración de Olivos ou por transferencia bancaria

Máis info:

Campus de baloncesto 2016 do Centro Galicia de Bos Aires
Evento: 
Curso
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data: 
20.02.2016 a 21.02.2016
Hora: 
9,30
Lugar:
Campo Galicia - Centro Galicia de Buenos Aires
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - Olivos
Partido de Vicente López, Buenos Aires
Arxentina