Calçotada na Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona
A Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona organiza unha calçotada o sábado 7 de marzo, con visita a unha bodega e un gran menú.
A excursión comezará ás 8:00 horas, con saída en autocar desde a rúa Lisboa (diante do ambulatorio), e contará con:
- Visita a unha bodega ás 10:15 horas con catas de tres viños ou cava e copa de agasallo e pica-pica.
- Menú con gran calçotada, que levará:
- Teja calçots sen límite, alcachofas á brasa.
- Costela e mitjana de cordeiro, botifarra branca e negra á brasa.
- Xudías secas, escalivada, alioli e pan tostado con tomate.
- Sobremesa a escoller.
- Bebidas e café ou infusión.
Prezo: Socios/as 60€ | Non socios/as: 70€.
Inscricións (ata o 18 de febreiro): 933 585 488 | secretaria@acgsaudade.com | Sede da Agrupación (Carrer Chapí, 18-20). As prazas son limitadas.

Evento:
Xantar/Cea social/oficial
Organiza:
Agrupación Cultural Galega Saudade
Data:
07.03.2026
Hora:
8:00
Lugar:
CAP Horta (punto de encontro)
Carrer de Lisboa, s/n
Horta-Guinardó - 08032Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





