Budiño "Volta" en Bos Aires
O sábado 3 de novembro, na Ciudad Cultural Konex, o gaiteiro galego Xosé Manuel Budiño presenta o seu espectáculo Volta, o seu último traballo discográfico, onde mistura as súas raíces musicais coas outras músicas dos cinco continentes. Volta é un espectáculo vibrante, unha verdadeira máquina de son que combina o mellor da música electrónica coas ancestrais tradicións da terra.
As entradas (de 70 a 90 $ segundo a situación da localidade) están á venda nos despachos do Konex ou por www.ticketek.com.

Evento:
Concerto
Organiza:
Nalgures Producións
Data:
03.11.2012
Hora:
21,30
Lugar:
Ciudad Cultural Konex, Sala A
Sarmiento 3131
C1196AAGArxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





