As benvidas / The welcomes / Las bienvenidas, en Nova York

Listen to this page using ReadSpeaker
132 lecturas

O martes 16 de abril ás 18:30 h, na sede do Centro Español La Nacional de Nova York, inaugúrase a exposición de fotografías de inmigrantes galegos/as de comezos do século XX na Gran Mazá As benvidas/ The welcomes/ Las bienvenidas.

  • A exposición, con fotos espectaculares escaneadas de álbumes familiares privados, está destinada a complementar a mostra fotográfica de Alberto Martí Os adeuses (The Farewells), que pode visitarse no Ellis Island National Museum of Immigration ata o 5 de maio.
  • As benvidas/ The welcomes/ Las bienvenidas está comisariada por James D. Fernández e Luis Argeo, autores do libro Invisible Immigrants: Spanish in the US (1868-1945), e deseñada por Noelia Lecue.

Datas e horario de visita: de luns a venres, de 9:00 a 15:00 h cando non hai eventos privados; fins de semana e tardes, con cita previa

Máis info: lanacional.org | Facebook | Twitter | Instagram

As benvidas/ The welcomes/ Las bienvenidas, en Nova York
Evento: 
Exposición
Organiza: 
La Nacional, Spanish Benevolent Society NYC
Consulado de España en Nueva York
Consello da Cultura Galega
Xunta de Galicia
Data: 
16.04.2019
Hora: 
18:30
Lugar:
La Nacional, Spanish Benevolent Society NYC
239 W 14th St.
New York - 10011Nova York
Estados Unidos
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: