Banquete en honor de San Pedro González Telmo, Santo Patrono de Tui, en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
842 lecturas

O domingo 22 de abril a partir das 13,00 h. na sede da entidade, a Asociación Tuy-Salceda de Bos Aires organiza un banquete en honor de San Pedro González Telmo, Santo Patrono de Tui. Estará amenizado con bailes folclróricos galegos, numerosas sorpresas e a actuación da orquestra Los Peninsulares. O menú, cun custo de 120 pesos para as persoas adultas e de 60 para os e as menores de 12 anos, estará composto por empanadiñas de atún, xamón cru e cocido con ensalada rusa, sardiñas fritas, abadexo á galega con patacas, postre xeado con charlot, café, viños finos e gaseosas. Reservas: Darío Nuñez – 4773-0498, Ernesto Vigo – 6092-0996, Manuel González – 4958-1802, Horacio Saltarelli – 4639-4065, José Luis González – 4932-6997, Buffet . 4957-1386
 

Banquete en honor de San Pedro González Telmo, Santo Patrono de Tui, en Bos Aire
Evento: 
Festa
Data: 
22.04.2012
Hora: 
13,00
Lugar:
Asociación Tuy-Salceda Mutual, Cultural y Recreativa
Maza, 457
Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Arxentina