Asemblea Xeral Ordinaria do Centro Gallego de La Plata
O sábado 11 de agosto o Centro Gallego de La Plata celebra, ás 17,30 h. en primeira convocatoria e ás 18,00 h. en segunda convocatoria, a súa Asemblea Xeral Ordinaria.
Orde do Día:
1- Minuto de silencio en honor ás socias e aos socios falecidos. Lectura da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2011.
2- Consideración da Memoria, Balance Xeral e Informe da Comisión Revisora de Contas, correspondente ao Exercicio Social n.º 62 finalizado o 31/12/2011
3- Informe da presidencia da Xunta Directiva sobre asuntos de Interese do Exercicio Fenecido. Consideración da Cota Social.
4- Presentación de Listas e designación de tres socios e/ou socias para fiscalizar o acto eleccionario no caso que o houber.
5- Designación de dous socios e/ou socias para asinar a Acta da Asemblea.






