Actividades marzo 2017 do Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa

Listen to this page using ReadSpeaker
1078 lecturas

O Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa organiza ao longo do mes de marzo, como parte da oferta da disciplina "Língua e literatura galegas" da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas - FCSH NOVA, un ciclo de actividades abertas a todas aquelas persoas que queiran participar.

Programación:

  • Venres, 3 de marzo -10:00 h, na Sala 002
    -O Proxecto Comunix: Áreas comunitarias en Portugal, Galicia e Italia, por Rita Serra, do Centro de Estudos Sociais de Coimbra
  • Mércores, 8 de marzo -10:00 h, na Sala 003
    -Proxección do documental En todas as mans, de Diana Toucedo, producido por Trespés Cooperativa
  • Venres, 10 de marzo -10:00 h, na Sala 002
    -A "Xeración Xabarín" desde unha perspectiva sociolingüística, por María Arranz, estudante galega de Estudos Portugueses na FCSH
  • Venres, 17 de marzo -10:00 h, na Sala 002
    -Propiedade comunitaria e enerxía eólica en Galicia, por Damián Copena, do Grupo de investigación en economia ecolóxica e agroecoloxía da Universidade de Vigo, que realiza actualmente unha estadía no ISA da Universidade de Lisboa

Máis info: no facebook

Actividades marzo 2017 do Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa
Evento: 
Conferencia/Charla
Data: 
03.03.2017
10.03.2017
17.03.2017
Hora: 
10,00
Lugar:
Faculdade de Ciências Sociais e Humanas - Universidade Nova de Lisboa
Avenida de Berna, 26-C
Lisboa - 1069-061
Portugal