9ª Fiesta de las Migraciones - 2018, en Montevideo
O sábado 24 e o domingo 25 de novembro, en horario de 11:00 a 17:00 h, celebrarase no Museo de las Migraciones - MUMI de Montevideo a 9ª edición da Fiesta de las Migraciones 2018, con entrada de balde.
- Na Fiesta poderáse gozar dunha gran variedade de produtos, entre os que destacan gastronomía e artesanías típicas, de diferentes países e rexións do mundo enteiro, distribuídos en corenta casetas. Contarase coa presenza, á súa vez, de sesenta colectividades que presentarán os seus espectáculos de música e danza.
- A Fiesta busca ser unha xornada de diálogo e encontro, na que se promovan valores a través dos que se valorice a riqueza e a importancia que outorga a migración á construción dunha sociedade intercultural.
- Ademais da Fiesta, os/as visitantes poderán realizar o percorrido polas salas do museo nas que recentemente se inaugurou a exposición permanente Pasado y Presente de la Migración en Uruguay, así como as mostras fotográficas temporais: Vistas de mi Tierra e Dominicanos en Uruguay que estarán expostas ata marzo de 2019.
- Participará no evento a Casa de Galicia de Montevideo co seu grupo de música e danzas tradicionais galegas, o día sábado 24 de novembro ás 17:00 h (aprox.).
Máis info: mumi.montevideo.gub.uy | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Festa
Organiza:
Museo de las Migraciones (MUMI) - Intendencia de Montevideo
Data:
24.11.2018 a 25.11.2018
Hora:
11:00
Lugar:
Museo de las Migraciones - MUMI
Bartolomé Mitre 1550 (Ciudad Vieja)
Montevideo - 11000Montevideo Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





