89º aniversario da Asociación Hijos de Zas de Bos Aires
O domingo 22 de abril a partir das 13,00 h., na sede do Centro Cangas del Narcea, a Asociación Hijos de Zas de Bos Aires celebrará a Festa do seu 89º Aniversario. O evento contará coa actuación dos conxuntos da entidade, o Corpo de Baile Alén do mar e o Conxunto de Gaitas Virxe do Carme así como da animación da orquestra Sabor Calipso. Para efectuar a reserva pódese contactar a través do tlf. 4771-0773 ou enviar un correo-e ao enderezo zasbuenosaires@hotmail.com.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas de Buenos Aires
Data:
22.04.2012
Hora:
13,00
Lugar:
Centro Cangas del Narcea
Beruti, 4643
Buenos AiresArxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





