84º Aniversario do Círculo Social Val Miñor de Bos Aires
O domingo 22 de abril, a partir das 9,00 h., o Círculo Social Val Miñor de Bos Aires celebra os actos conmemorativos do seu 84º Aniversario.
Programa:
- 9,00 h. Campeonato de Bolos Celta. Coa participación dos equipos representativos da Asociación Argentina de Bolos e do Centro Cultural, Social y Deportivo de Bolos Valle Miñor de Montevideo.
- 11,00 h. Misa, na Parroquia San Francisco Solano, de acción de gracias e en memoria das socias e socios falecidos.
- 13,00 h. Gran Banquete. O menú do xantar estará composto por arrollado primavera, paella, postre xeado, viños finos e gaseosas, e estará amenizado coa actuación dos grupos folklóricos da entidade: os pandereteiros Adaxe, os gaiteiros Os Devanceiros, Os Papabestas do Val Miñor e o grupo de baile tradicional Lembranzas do Val Miñor.
- Por la tarde, Gran Baile Familiar coa actuación da orquestra Los Hispánicos.
- Máis info e reservas nos tlfs.: 4635- 6657 e 4941-4594.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Círculo Social Val Miñor
Data:
22.04.2012
Hora:
9,00
Lugar:
Círculo Social Val Miñor
Rafaela, 4840
Buenos Aires - 1407Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





