75º aniversario do Centro Cultural Partido da Estrada de Bos Aires
O domingo 25 de novembro cúmprense 75 anos (1943) da fusión da Unión Estradense e a Federación Agraria da Estrada en Bos Aires, e o Centro Cultural del Partido da Estrada celébrao cun Xantar que terá lugar na súa sede na capital arxentina a partir das 13:00 h.
- Celebraranse ademais os aniversarios dos socios e socias que cumpran anos entre o 24 de setembro e o 25 de novembro, sendo convidadas/as especiais da institución, e tendo as súas respectivas tarxetas reservadas.
- A festa estará amenizada coa actuación de "José Eugenio y su órgano"
Menú (600):
- Pernil de porco con ensalada rusa; bacallau con patacas, garavanzos e pementón español, ou polo ao forno e costelar de porco, canilla libre (viños tinto e branco, gaseosas, sodas, augas), xeado, café, brinde e torta
- Reservas no tlf. 4200-0807 (Sra. Carmen)
Máis info: centroculturaldelpartidodelaestrada.blogspot.com | Facebook

Evento:
Aniversario
Data:
25.11.2018
Hora:
13:00
Lugar:
Centro Cultural del Partido de La Estrada
México, 2849
1223Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





