65ª Feira do Polbo da Agrupación Cultural Agarimos de Badalona
O domingo 21 de decembro a partir das 10,00 h., no bar da entidade, a Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona celebra a 65º Feira do Polbo. A Feira do Polbo celébrase periódicamente o terceiro domingo de cada mes, e alí pódese atopar un ambiente puramente galego, con produtos gastronómicos típicos da terra como lacón, chourizo, botelo, cachola/cachucha, empanada, viño do Ribeiro, Alvariño e torta de Santiago acompañada de Meus amores, e o polbo, protagonista principal de esta festa.
- Amenizarán a festa alguns e algunhas dos/as membros da Banda de Gaitas Agarimos

Evento:
Feira
Organiza:
Agrupación Cultural Agarimos
Data:
21.12.2014
Hora:
10,00
Lugar:
Agrupación Cultural Galega Agarimos
París, 45 - bajo
Badalona - 08913Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





