5º Curso de inserción socio-laboral para novos/as emigrantes españois/las en Francia
Do luns 29 de xuño ao venres 3 de xullo, na súa sede en París, a Federación de Asociaciones y Centros de Emigrantes Españoles en Francia (FACEEF) organiza o Curso de inserción socio-laboral para novos/as emigrantes españois/las en Francia, con información, orientación e asesoramento a través de charlas e talleres de traballo sobre a busca de emprego, a formación profesional ou a creación de empresa.
- Destinatarios/as:
-Mozos/as de menos de 35 anos que estean rexistrados/as no consulado español e busquen conseguir traballo en Francia (de non cumprir os requisitos pódense inscribir de todas as maneiras todos/as os/as interesados/as, segundo as prazas dispoñibles aceptarase a inscrición) - Temario:
-A sociedade francesa, a súa organización administrativa e a súa lexislación laboral e social
-O mercado laboral en Francia e as súas perspectivas
-Orientación profesional: funcionamento do sistema francés de formación profesional
-Posibilidades de autoemprego en Francia, etc... - Calendario e horarios (consultar en nuevaola.faceef@gmail.com sobre horarios e outras datas)
-Do 29 de xuño ao 3 de xullo de 9,00 a 12,00 e de 13,00 a 16,00 h.
-30 horas lectivas - Inscricións e información:
-No correo-e nuevaola.faceef@gmail.com
-No tlf. 01 49 46 35 46
-Na web nuevaola.faceef.fr e no facebook
Evento:
Curso
Organiza:
Fédération d’Associations et Centres d’Emigrés Espagnols en France (FACEEF)
Data:
29.06.2015 a 03.07.2015
Hora:
9,00
Lugar:
FACEEF
10 rue Cristino Garcia - (La Plaine - Saint Denis)
París - 93210Francia
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: