58º aniversario de Caballeros de Santiago de Salvador de Baía

Listen to this page using ReadSpeaker
587 lecturas

O luns 19 de novembro a partir das 18:30 h, na sede da entidade galega na capital baiana, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebra o seu 58º aniversario.

Programa:

  • 18:30 h - Nomeamento da Sala de Xuntas en homenaxe ao señor Antonio Barcia Arruti "Chicho" (in memorian).
  • 19:10 h - Conferencia: Camiño de Santiago pasado e presente. Relator: Manuel F. Rodríguez, técnico cultural da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia e un dos fundadores da Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago.
  • 19:30 h - Conferencia: Intercambio na Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a Asociación de Caballeros de Santiago. Relatora: Carmen Ollero Novo, técnica de promoción e xestión de Cursos internacionais da USC.
  • 19:50 h - Membrecía honoraria para os danzantes dos Cabaleiros de Santiago: André Ricardo Rabelo Martins e Marcos Borges Ribeiro
    - Entrega da Medalla Gran Cruz Caballeros de Santiago ao empresario José Manoel Garrido Cambeses Filho (Grande Hotel da Barra)
    - Entrega da Medalla Gran Cruz dos Caballeros de Santiago á Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • 20:15 h - Inauguración da exposición Máscaras galegas / Maragojipanas, do artista e mestre visual Marco Bulhões.
    - Lanzamento do libro O Ditador Honesto, cunha sesión de autógrafos co autor, Matheus Peleteiro.
  • 21:00 h - Cóctel con tortillas e empanadas.

Máis info: www.caballeros.com.br | Facebook | Instagram

58º aniversario de Caballeros de Santiago de Salvador de Baía
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Data: 
19.11.2018
Hora: 
18:30
Lugar:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Rua da Paciência, 441 - Río Vermelho
Salvador - 41950-010Bahia
Brasil