3ª Noite de Lúa e gaitas na A.B.C. Partido de Corcubión
O xoves 24 de maio a partir das 20,30 h. a Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión de Bos Aires organiza a IIIª Noite de Lúa e gaitas. Será unha noite na que -entre outras expresións artísticas- no escenario ao aire libre, actuará o Grupo Folclórico Alborada da entidade así como outros grupos de música tardicional da colectividade galega na Arxentina. A entrada é de balde e servirase, a prezos módicos, un menú con pratos tradicionais galegos e arxentinos así como a tradicional queimada.

Evento:
Festa
Organiza:
A.B.C. Partido de Corcubión
Data:
24.05.2012
Hora:
20,30
Lugar:
A.B.C. Partido de Corcubión
Bartolomé Cruz, 1871
Vicente LópezArxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





