34° Aniversario do Centro Gallego de Marsella
O domingo 1 de abril a partir das 12,00 h., na sede da entidade, o Centro Gallego de Marsella celebra a Festa do seu 34° Aniversario. O acto oficial contará coa presenza e representación de diversas autoridades e centros e, deseguido, a actuación do grupo folclórico do centro Fentos e Toxos.
Servirase un menú (cun custo de 17 € para as perosas asociadas, 22 € para non asociadas e 8 € para as e os máis cativos) que inclúe o tradicional cocido galego, ensalada, queixo, postre e viño; é preciso facer a reserva antes do 25 de marzo ben por tlf 06.63.69.69.86 ou ben no correo-e cgalicien.marseille@hotmail.fr.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Centro Gallego de Marsella
Data:
01.04.2012
Hora:
12,00
Lugar:
Centro Gallego de Marsella
35 Rue Consolat
Marseille - 13001Francia
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





