30º aniversario do programa Conecta con Galicia, en Bos Aires
O mércores 18 de setembro a partir das 18:30 h, na sede da Embaixada de España na capital arxentina, celébrase o acto conmemorativo do 30º aniversario do programa 'Conecta con Galicia' da Xunta de Galicia, que contará coa presenza do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
- No transcurso do acto entregaranse as compostelas ás e aos participantes no Conecta con Galicia deste ano.
Asistencia/invitacións: todos/as os/as participantes nalgunha das 30 edicións do programa 'Conecta con Galicia' (anteriormente denominado 'Campamentos') da Xunta de Galicia que queiran asistir ao evento deben:
- Enviar un correo-e solicitando a asistencia ao seguinte enderezo: delegacion.buenosaires@xunta.gal
- Ou chamar ao seguinte teléfono: 0054 11 4952 9400 (Arxentina)
O acceso ao evento só poderá realizarse presentando o DNI e a invitación que lle será enviada previa solicitude.

Evento:
Aniversario
Organiza:
Xunta de Galicia
Embajada de España en la República Argentina
Data:
18.09.2019
Hora:
18:30
Lugar:
Embaixada de España na Arxentina
Avenida Presidente J. Figueroa Alcorta 3102
C1425CKXCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: