2º Encontro-Xuntanza de Música e Cantares da Nosa Terra, en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
755 lecturas

O sábado 22 de setembro a partir das 16,00 h., na sede da Asociación Galega Residentes de Vigo de Bos Aires, Elena Rey Oubiña, directora-fundadora da Agrupación Cultural Lembranzas de Cambados, presenta o 2º Encontro-Xuntanza de Música e Cantares da Nosa Terra.

Contarase coa presenza, entre outros grupos, do Coro Os Rumorosos do Centro Betanzos, Cantareiras do Louro de Residentes de Mos, Coro Residentes de Vigo, Grupo de Gaitas e Baile Airiños de Casa de Galicia, Coro do Centro Gallego de Buenos Aires, Cantareiras Residentes de Vigo, Conxunto Mouchos e Coruxas, o gaiteiro Javier Vence, de Residentes de Vigo, e confirmarán a súa presenza tamén, Xeito Novo e Centro Galicia de Bos Aires, así como os mestres Raúl Esposito e Luis Ceriani, que cos seus instrumentos executarán temas do repertorio tradicional galego.

2º Encontro-Xuntanza de Música e Cantares da Nosa Terra, en Bos Aires
Evento: 
Concerto
Organiza: 
Agrupación Cultural Lembranzas de Cambados
Data: 
22.09.2012
Hora: 
16,00
Lugar:
Asociación Mutualista Residentes de Vigo
Quintino Bocayuva, 522
Buenos Aires - 1216
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: