2ª Sesión do Galician Film Forum, en Londres
O venres 5 de xuño de 18,45 a 22,00 h., no The London Film School da capital británica, celebrarase a 2ª Sesión do Galician Film Forum coa proxección de dúas curtametraxes e unha longametraxe (os tres filmes con subtítulos en inglés).
Entradas:
- O aforo está limitado a 100 prazas
- Reservas en www.eventbrite.co.uk
- A entrada é de balde pero as/os que fagan un donativo de £3 entrarán no sorteo dunha botella de viño albariño cedido por Bodegas Casa Monte Pío
Proxeccións:
- N-VI, longametraxe dirixida por Pela del Álamo
- Pettring, curtametraxe dirixida por Eloy Domínguez Serén
- Aadat, curtametraxe de Xisela Franco e Noé Rodríguez
Sesión de preguntas e respostas:
- Despois da proxección haberá unha sesión de preguntas e respostas co director de N-VI, Pela del Álamo.

Evento:
Proxección
Organiza:
Galician Film Forum
Data:
05.06.2015
Hora:
18,45
Lugar:
The London Film School
24 Shelton Street - (Covent Garden)
Londres - WC2H 9UBLondon Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: