26º Aniversario do Centro Noia Rianxo
O venres 25 de maio a partir das 13,00 h., na sede da entidade, o Centro Noia Rianxo de Bos Aires festexará o 26º aniversario da fusión destes dous pobos en Bos Aires coa celebración dun Gran Cocido Galego. O menú compoñerase de empanadas criollas, cocido galego, postre xeado amendoado, bebida canilla libre, café, brinde e torta. A festa estará amenizada coa actuación da orquestra Agora Xuntos. As reservas poden realizarse nos seguintes tlfs.: 4942 5494 (Oly), 4811 6398 (Gonzalo), 4246 8832 (Graciela).

Evento:
Aniversario
Organiza:
Centro Noia Rianxo
Data:
25.05.2012
Hora:
13,00
Lugar:
Centro Noia Rianxo de Buenos Aires
General Urquiza, 1021
Buenos Aires - 1221Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: