Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
01Novembro2025A delegada da Xunta en Uruguai destaca na entrega do Premio Asorey o compromiso da colectividade galega en Uruguai coa preservación das tradicións audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participou no acto de entrega do Premio Asorey 2025, outorgado pola Casa de Galicia de Montevideo ao gaiteiro Carlos González Siri, en recoñecemento a súa traxectoria artística e a súa contribución á difusión da música e da cultura galega no país. Durante a súa intervención, Domínguez puxo en valor o compromiso da colectividade galega en Uruguai coa preservación das tradicións e o labor desta... Máis información
-
31Outubro2025Miranda apoia aos galegos que impulsan a reactivación do Centro Galego de Perú audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cun membro da directiva do Centro Galego do Perú, Kilder Podestá, co obxectivo de coñecer de primeira man a situación actual desta entidade e avanzar nas liñas de colaboración para reforzar a presenza cultural galega no país andino. Durante a reunión, Miranda destacou que sempre é importante ter un lugar de referencia da cultura galega e manifestou o seu... Máis información
-
30Outubro2025Miranda: “Os centros galegos de Euskadi son un exemplo de compromiso coa a nosa cultura que segue viva e presente fóra da nosa terra, grazas ao esforzo das súas directivas e socios” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontró de traballo con Mónica Calvo, presidenta do Centro Galego de Álava e da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, co obxectivo de afondar no traballo da colectividade galega asentada no País Vasco. A reunión permitiu intercambiar impresións sobre os retos actuais e explorar novas liñas de colaboración que contribúan a fortalecer o vínculo cultural e social con... Máis información
-
29Outubro2025Miranda destaca en Ourense o valor do talento retornado e do emprendemento creativo con proxectos como o do enxeñeiro galego Pablo González audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudo de deseño e creación con pezas LEGO impulsado por un retornado desde Dinamarca coa axuda da Xunta. A Xunta apoiara este ano máis de 30 proxectos, preto do 70% no rural, de retornados emprendedores na provincia de Ourense. Miranda destacou o papel da Oficina Integral de Asesoramento e Seguemento ao Retorno de Ourense, que leva atendidas máis de 4.000 consultas... Máis información
-
28Outubro2025Miranda: “Reafirmamos o compromiso da Xunta cos profesionais retornados para consolidar a Galicia nun referente de atracción exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na inauguración da mesa redonda coas empresas galegas que as políticas de retorno seguirán sendo prioritarias para facilitar a volta dos galegos do exterior e promover o seu desenvolvemento profesional na terra. A maioría dos galegos que participan nestes eventos contan con formación universitaria e unha experiencia profesional significativa, o que os converte nun recurso... Máis información
Páxinas |




