Seleccionados/as e reservas do programa “Conecta con Galicia” 2015 – Campos de Traballo
Publicación das listaxes de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en Campos de Traballo (Resolución do 26 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 21 do 2 de febreiro) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas, nas que o número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país.
De acordo co artigo 7.5 (paragrafo 3º) da convocatoria, as persoas interesadas que quixeran modificar as datas de retorno, disporán de 5 días hábiles (ata o 1 de xullo) para modificalas por escrito.
NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:
- Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade
- Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar unha quincena en Galicia logo de rematar a actividade
- Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar un mes en Galicia logo de rematar a actividade
As peticións de cambios de retorno teñen que presentalas a través de e-mail no enderezo electrónico accion.social.emigracion@xunta.es
Listaxes seleccionados/as Campos de Traballo |
|
|---|---|
| Arxentina | Descargar |
| Brasil | Descargar |
| Cuba | Descargar |
| Uruguai | Descargar |
| Venezuela | Descargar |
As reservas segundo o país, expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:
Listaxes de reservas - Campos de Traballo |
||
|---|---|---|
| País | Financiamento 100% | Financiamento 50% |
| Arxentina | Descargar | Descargar |
| Brasil | - | - |
| Cuba | Descargar | - |
| Uruguai | Descargar | Descargar |
| Venezuela | Descargar | - |
- Programa de actividades (picar aquí para descargar)



