Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo 2012
Publicación das listas de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo (Resolución do 30 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº26 do 07-02-2012) despois da realizacion do sorteo público daquelas prazas en que o número de solicitudes admitidas supera o número de prazas convocadas para cada país e dentro do seu tramo de idade.
De acordo co artigo 4º.5 (paragrafo 2º) da resolución da convocatoria, os e as interesados/as que quixeran modificar as datas de retorno, disporán de 10 días naturais para modificalas por escrito, tendo en conta que aqueles/as beneficiarios/as que desexen quedar en Galicia deben ter familiares nesta comunidade autónoma.
NOTA IMPORTANTE: Os/as que figuren no campo “SELE” coa letra "X" correspondes ás/aos seleccionados/as, e nos que figure a letra “R” corresponden ás reservas e, de haber algunha baixa nos beneficiarios/as, serán chamados/as seguindo a orde numérica indicada a continuación da letra "R".
NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:
-Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade de campamentos ou campos de traballo
-Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar unha quincena coa súa familia en Galicia logo de rematar a actividade.
-Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar un mes coa súa familia en Galicia logo de rematar a actividade.
As peticións de cambios de retorno, poden presentalas ben nas delegacións da Xunta de Galicia correspondentes (Montevideo ou Bos Aires), ou ben pódese enviar directamente a petición por fax ao número +34 981 54 72 95 da Secretaría Xeral da Emigración, facendo constar no escrito no caso de quedarse en Galicia os datos dos familiares en Galicia.
| PAÍS / IDADE-DATA |
14-17 anos 1-12 xullo |
14-17 anos 17-28 xullo |
18-20 anos 17-28 xullo |
|---|---|---|---|
| Arxentina | Descargar | Descargar | Descargar |
| Brasil | Descargar | Descargar | |
| Cuba | Descargar | ||
| Uruguai | Descargar | Descargar | Descargar |
| Venezuela | Descargar | Descargar | |
| Resto de América | Descargar |
Circulares Informativas Campamentos:
- Listado de Campamento inicial/clave correspondente a cada seleccionado/a (picar aquí para descargar)
- Cadro de instalacións e rotacións para seleccionados/as nos campamentos (picar aquí para descargar)
- Circular informativa campamentos 1ª Quenda 1-12 de xullo (picar aquí para descargar)
- Circular informativa campamentos 2ª Quenda 17-28 de xullo (picar aquí para descargar)
- Nota infomativa para os/as participantes asignados/as ao campamento de Furelos-Melide (picar aquí para descargar)
Reunión Informativa para os/as participantes no programa de campamentos:
- Arxentina: celebrarase o xoves 21 de xuño, ás 17,00 h., na sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
- Uruguai: celebrarase o xoves 21 de xuño, ás 11,00 h., no Salón de Actos da Casa de Galicia de Montevideo.
| PAÍS/IDADE | 18-24 anos | 25-30 anos |
|---|---|---|
| Arxentina | Descargar | Descargar |
| Brasil | Descargar | Descargar |
| Cuba | Descargar | Descargar |
| Uruguai | Descargar | Descargar |
| Venezuela | Descargar | |
| Resto de América | Descargar |
Circulares Informativas Campos de traballo:
- Listado de Campo de traballo/clave correspondente a cada seleccionado/a (picar aquí para descargar)
- A Coruña (picar aquí para descargar)
- Boqueixón (picar aquí para descargar)
- Celanova (picar aquí para descargar)
- Illas Cíes (picar aquí para descargar)
- Melide (picar aquí para descargar)
- Ourense (picar aquí para descargar)
- Rois (picar aquí para descargar)



