Requirimentos de emenda Escolas Abertas presenciais 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
2040 lecturas
Anexo para descargar coas solicitudes que deben ser emendadas.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 27 DE XANEIRO DE 2015 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA O PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS PRESENCIAIS DESTINADAS ÁS COMUNIDADES GALEGAS E PERSOAS GALEGAS RESIDENTES FÓRA DE GALICIA PARA O ANO 2015.

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 27 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o programa de Escolas Abertas presenciais destinadas ás comunidades galegas e persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2015. (D.O.G. nº 23, do 04/02/2015), e de acordo co establecido no apartado 3 do artigo 9º da dita resolución, requírese ás e aos solicitantes que se relacionan no Anexo I para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.

De acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 95 73 53 e 981 54 58 82.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

 

Data de publicación: 
24.04.2015
Data fin de prazo: 
07.05.2015
Convocatoria asociada: