Requirimentos de emenda Escolas Abertas presenciais 2014
ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 25 DE FEBREIRO DE 2014 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA O PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS PRESENCIAIS DESTINADAS ÁS COMUNIDADES GALEGAS E CIDADÁNS GALEGOS RESIDENTES FÓRA DE GALICIA PARA O ANO 2014.
Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 25 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o programa de Escolas Abertas presenciais destinadas ás comunidades galegas e cidadáns galegos residentes fóra de Galicia para o ano 2014. (D.O.G. nº 43, do 04/03/2014), e de acordo co establecido no apartado 3 do artigo 9º da dita resolución, requírese ás/aos solicitantes que se relacionan no Anexo I para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.
De acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.
Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 95 73 53 e 981 54 72 65.
As contestacións terán un carácter meramente informativo para a/o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.
- Anexo I con listado de solicitudes a emendar (picar aquí para descargar)



